Xornadas de Portas Abertas
Durante o mes de setembro na Academia Exacto teremos as xornadas de portas abertas para que tódalas persoas interesadas nalgunha das nosas actividades extraescolares poidan vir probar (GRATIS) os nosos obradoiros temáticos, e deste xeito poder decidir en base a experiencia cales encaixan máis nos gustos das cativas e cativos.
Haberá para cada actividade dúas sesión en días diferentes para que as familias que así o desexen poidan traer as súas crianzas a unha ou dúas horas para que comproben o divertidas que son!
NOTA: As actividades non teñen coste durante as portas abertas!
A continuación tendes un breve resumo de en que consiste cada actividade así como as idades recomendadas (son simples recomendacións, tódalas idades son benvidas). Tamén un cadro resumo con tódolos horarios para que poidades coordinar a asistencia a tódalas actividades que queirades probar. ESTES HORARIOS SON OS DA XORNADA DE PORTAS ABERTAS! DURANTE O CURSO HABERÁ OUTROS HORARIOS.
As actividades comezaran oficialmente no mes de outubro. Durante o curso as actividades comezarán entre as 17.00 e as 17.30 aproximadamente para non coincidir cas extraescolares que xa ofrecen os CEIP da contorna. Unha vez pechados os grupos decidiranse os horarios tratando de conciliar co resto de actividades de tódalas participantes en cada grupo.
Cociña creativa.
Co obxectivo de crear receitas sinxelas, as nenas e nenos aprenderán a facer da alimentación un xogo saudable dando os seus primeiros pasos no mundo da cociña.
IDADES RECOMENDADAS: dende 4º de infantil, (nados no ano 2021) ata 6º de primaria.
Teatro infantil
O alumnado aprenderá a expresar sentimentos e emocións a través de xogos e personaxes, iniciándose no mundo da interpretación mentres se divirten e traballan en equipo.
IDADES RECOMENDADAS: dende 4º de infantil, (nados no ano 2021) ata 3º de primaria.
Creatividade infantil
Deseñada para que os mais pequenos aprendan sobre o mundo que os rodea a través das manualidades, os xogos e actividades que buscan estimular o seu lado máis creativo. Construir un volcán, facer un puzzle, as posibilidades son infinitas!
IDADES RECOMENDADAS: dende 4º de infantil, (nados no ano 2021) ata 3º de primaria.
Laboratorio
Descubrir como funciona o mundo a través da ciencia nunca foi tan sinxelo! Por medio de pequenos experimentos, as nenas e nenos poderán entender, por exemplo, por que os barcos flotan ou que son as células.
IDADES RECOMENDADAS: dende 4º de infantil, (nados no ano 2021) ata 6º de primaria.
Xornalismo
Escribir é esencial, pero aprender a obter información, contrastala e redactala é fundamental no mundo que nos rodea. En xornalismo, búscase estimular a o pensamento crítico e dar resposta por un mesmo a calquera pregunta.
IDADES RECOMENDADAS: dende 2ª de primaria, (nados no ano 2017) ata 6º de primaria.
Creación literaria
Se che gusta escribir, expresarte a través da poesía ou crear historias fantásticas, aquí obterás as ferramentas necesarias para dar liberdade total á túa imaxinación e crear obras únicas!
IDADES RECOMENDADAS: dende 2ª de primaria, (nados no ano 2017) ata 6º de primaria.
Iniciación á informática
Vivimos rodeados de tecnoloxía, pero as veces escápasenos o máis básico. Neste curso o alumnado aprenderá a usar un ordenador, dende o máis básico, coa fin de ter todas as ferramentas para enfrontarse, de forma segura e consciente, ao mundo dixital no que viven.
IDADES RECOMENDADAS: dende 1ª de primaria, (nados no ano 2017) ata 6º de primaria.
Radio e Podcast
Nesta actividade, as alumnas e alumnos desenvolverán a capacidade de contar e informar a través da voz, fomentando a claridade e calidade expositiva mentres se divirten aprendendo e afondando sobre o mundo da radio.
IDADES RECOMENDADAS: dende 2ª de primaria, (nados no ano 2017) ata 6º de primaria.