academiaexacto@hotmail.com 699 071 042
Rúa Oliveira 5, local 3, Galerías 32660 Allariz, Ourense

Actividades Extraescolares

Actividades Extrescolares pra nenos dende os 3 años en Allariz

Desfruta das nosas actividades extraescolares para nenas e nenos dende os 3 anos en Allariz. 

Dende Academia Exacto tentamos mesturar a aprendizaxe ca diversión, xa que a nosa experiencia indícanos que as pequenas e pequenos son capaces de asimilar moitísimos máis contidos e traballar moitísimas máis competencias se desfrutan durante o proceso. 

As nosas actividades extraescolares baséanse na creación de xogos que favorezcan o desenvolvemento de diferentes capacidades e habilidades. 

As nosas actividades extraescolares atópanse en constante evolución polo que en calquera momento poden desaparecer da nosa oferta educativa para incluír novas propostas.

Actualmente dispomos das seguintes actividades extraescolares dende os 3 anos:

  • Cociña creativa

En cociña traballamos en grupos reducidos con ingredientes frescos para que mediante o uso de forno e microondas as cativas e cativos (dende 3 anos) poidan ir iniciándose na dificultosa tarefa da alimentación saudable. Coñecendo e identificando diferentes ingredientes e aprendendo a desfrutar do proceso de preparar os seus propios alimentos.

 

  • Ciencia e Laboratorio

Nesta actividade pretendemos introducir de forma lúdica o mundo da ciencia no mundo das máis pequenas e pequenos da casa (dende 3 anos). Traballamos de varias formas esta temática tan ampla e complicada, entre os métodos mais empregados destacamos. 
Experimentos Sinxelos, Uso do Microscopio, Proxectos de Ciencias, Aplicación dos contidos de Ciencias o día a día. 

 

  • Teatro

Na sociedade actual as cativas e cativos, ás veces, teñen dificultades para expresar e identificar sentimentos. En Teatro buscamos que aprendan a expresar e identificar sentimentos, a desenvolver e expresala súa creatividade e sobre todo a desfrutar das artes. 

Ademais búscase mellorar na expresión tanto oral coma corporal de calquera mensaxe en público, mellorando e superando o medo escénico. Esta actividade é ideal para nenas e nenos dende os 3 anos. 

  • Xornalismo Infantil

Esta actividade esta especialmente deseñada para suplir as deficiencias do sistema educativo no tema da comprensión lectura e expresión escrita. Estes problemas afloran especialmente na ESO, cando as cativas e cativos teñen dificultades para a resolución de problemas sinxelos por falta de comprensión lectora, e problemas na superación das probas avaliativas por mor da falta de capacidade de síntese e de expresión escrita. 
Co Xornalismo infantil as nenas e nenos escribirán artigos dos temas que eles escollan. Primeiro escollerán un tema, despois buscaran información, sintetizarán e resumirán esa información e redactarán o artigo. Finalmente eses artigos editaranse e publicaranse no noso: O Xornaliño. 

  • Inglés Ludico

Calquera cun nivel básico de inglés darase conta de que ó viaxar ó estranxeiro as maiores dificultades comunicativas na lingua inglesa residen á hora de comprender a persoa ca que temos que falar. A miúdo somos capaces de transmitir mensaxes, pero non comprendelas. 
Para evitar estes futuros problemas ofrecemos inglés lúdico, onde a profesora nativa impartirá sesión completamente en inglés. Os nenos e nenas tardan en seren quen de comunicarse en inglés, pero rapidamente son capaces de entender á perfección á profesora, mellorando así o seu oído. 

Campamentos de Verán, Nadal e Semana Santa Bilingüe en Allariz

 

CAMPAMENTOS EN INGLÉS DURANTE AS VACACIÓNS EN ALLARIZ. 

Desfruta dos nosos campamentos en inglés en Allariz dende os 2 anos! 

Dende Academia Exacto queremos ofrecervos as familias unha ferramenta lúdica que mellore notablemente a comprensión da lingua inglesa, ó tempo que vos permita conciliar horarios e que as vosas cativas e cativos estean entretidos aprendendo. 

  • CANDO? Ofrecemos os nosos campamentos nas épocas nas que as pequenas e pequenos da familia non teñen escola, todo o Verán, o Nadal e a Semana Santa. 
  • PARA QUE IDADES? A idade máxima recomendade é 12 anos (6 de primaria), aínda que en función das necesidades das familias pódense buscar adaptación para nenas ou nenos maiores. A idade mínima vén marcada polo control de esfínteres (2/3 anos). Tódalas nenas e nenos que xa poidan ir sen cueiro poden asistir as nosas actividades. 
  • QUE HORARIO TEN? As nosas actividades centrais do día prográmanse entre as 9 e as 14 (a entrada ó campamento e a saída pode ser a calquera hora dentro dese tramo, adaptándonos así os horarios das familias). Dispomos ademais da posibilidade de ampliar horarios, a modo aula de espera, de 8 a 9 e de 14 a 16, cun suplemento económico. 
  • QUE PREZO TEN? Os prezos poden variar moito en función do números de semanas, a reserva anticipada da praza, descontos para irmáns, prezos para xa alumnos, etc. Para este tema mellor chámanos e infórmate! A info é de balde. 
  • QUE VAN FACER NESAS HORAS? Tentamos pasar a maior parte do tempo no exterior, sempre que a climatoloxía o permita, realizando actividades o aire libre. Dentro das numerosas actividades que levamos a cabo destacan, experimentos sinxelos, cociña (esta realizase no interior das nosas instalacións), teatro, manualidades, saídas as zonas verdes da vila, actividades con auga (nunca entramos dentro da auga), e moito máis. 
  • EN QUE LINGUA É? Tentamos que sexa a maior parte do tempo en inglés, que o traballar con nenas e nenos tan pequenos faise case imposible, polo que en certas ocasións temos que explicar actividades nas linguas maternas (galego ou castelán) 
  • CANTAS NENAS E NENOS ESTARÍAN? Na busca do equilibrio entre unha conciliación económica e un trato axeitado para as pequenas e pequenos da familia, consideramos que unha ratio entre 10 e 12 alumnos garante ambos obxectivos. Isto é a teoría; a realidade e que nos campamentos de anos anteriores sempre acabamos contando con docentes de reforzo que fan que está ratio se vexa considerablemente reducida, ata chegar incluso a 6 persoas por profe.

En Academia Exacto dispomos de apoio escolar para tódalas edades, e materias en Allariz 

En Academia Exacto dispomos de apoio escolar para tódalas idades e para (case) tódalas materias en Allariz. 

O noso equipo de profesionais, composto por 3 docentes, está especializado, entre outras cousas, no apoio escolar, dende primaria ata a universidade. 

Cada docente está especializado en cada unha das diferentes materias, con 10 anos de experiencia, e cun índice de aprobados por riba do 95%. 

  • Inglés 
  • Ciencias (Matemáticas, Física, Química, Bioloxía…) 
  • Primaria (Aula de deberes, explicación de contidos, lectura e escritura…) 
  • Letras (Lingua, Lengua, Xeografía e Historia…) 

 Traballamos en grupos reducidos organizados por cursos, ou por niveis similares, garantindo así a atención personalizada que precisa cada nena ou neno. 

Os horarios dispoñibles adáptanse as necesidades de cada familia, e dispomos de grupos dobrados que facilitan atopar o día e o momento da semana axeitados para cada estudante. 

profesora enseñando
Escanea el código