Actividades Extrescolares pra nenos dende os 3 años en Allariz
Desfruta das nosas actividades extraescolares para nenas e nenos dende os 3 anos en Allariz.
Dende Academia Exacto tentamos mesturar a aprendizaxe ca diversión, xa que a nosa experiencia indícanos que as pequenas e pequenos son capaces de asimilar moitísimos máis contidos e traballar moitísimas máis competencias se desfrutan durante o proceso.
As nosas actividades extraescolares baséanse na creación de xogos que favorezcan o desenvolvemento de diferentes capacidades e habilidades.
As nosas actividades extraescolares atópanse en constante evolución polo que en calquera momento poden desaparecer da nosa oferta educativa para incluír novas propostas.
Actualmente dispomos das seguintes actividades extraescolares dende os 3 anos:
En cociña traballamos en grupos reducidos con ingredientes frescos para que mediante o uso de forno e microondas as cativas e cativos (dende 3 anos) poidan ir iniciándose na dificultosa tarefa da alimentación saudable. Coñecendo e identificando diferentes ingredientes e aprendendo a desfrutar do proceso de preparar os seus propios alimentos.
Nesta actividade pretendemos introducir de forma lúdica o mundo da ciencia no mundo das máis pequenas e pequenos da casa (dende 3 anos). Traballamos de varias formas esta temática tan ampla e complicada, entre os métodos mais empregados destacamos.
Experimentos Sinxelos, Uso do Microscopio, Proxectos de Ciencias, Aplicación dos contidos de Ciencias o día a día.
Na sociedade actual as cativas e cativos, ás veces, teñen dificultades para expresar e identificar sentimentos. En Teatro buscamos que aprendan a expresar e identificar sentimentos, a desenvolver e expresala súa creatividade e sobre todo a desfrutar das artes.
Ademais búscase mellorar na expresión tanto oral coma corporal de calquera mensaxe en público, mellorando e superando o medo escénico. Esta actividade é ideal para nenas e nenos dende os 3 anos.
Esta actividade esta especialmente deseñada para suplir as deficiencias do sistema educativo no tema da comprensión lectura e expresión escrita. Estes problemas afloran especialmente na ESO, cando as cativas e cativos teñen dificultades para a resolución de problemas sinxelos por falta de comprensión lectora, e problemas na superación das probas avaliativas por mor da falta de capacidade de síntese e de expresión escrita.
Co Xornalismo infantil as nenas e nenos escribirán artigos dos temas que eles escollan. Primeiro escollerán un tema, despois buscaran información, sintetizarán e resumirán esa información e redactarán o artigo. Finalmente eses artigos editaranse e publicaranse no noso: O Xornaliño.
Calquera cun nivel básico de inglés darase conta de que ó viaxar ó estranxeiro as maiores dificultades comunicativas na lingua inglesa residen á hora de comprender a persoa ca que temos que falar. A miúdo somos capaces de transmitir mensaxes, pero non comprendelas.
Para evitar estes futuros problemas ofrecemos inglés lúdico, onde a profesora nativa impartirá sesión completamente en inglés. Os nenos e nenas tardan en seren quen de comunicarse en inglés, pero rapidamente son capaces de entender á perfección á profesora, mellorando así o seu oído.
Campamentos de Verán, Nadal e Semana Santa Bilingüe en Allariz
CAMPAMENTOS EN INGLÉS DURANTE AS VACACIÓNS EN ALLARIZ.
Desfruta dos nosos campamentos en inglés en Allariz dende os 2 anos!
Dende Academia Exacto queremos ofrecervos as familias unha ferramenta lúdica que mellore notablemente a comprensión da lingua inglesa, ó tempo que vos permita conciliar horarios e que as vosas cativas e cativos estean entretidos aprendendo.
En Academia Exacto dispomos de apoio escolar para tódalas edades, e materias en Allariz
En Academia Exacto dispomos de apoio escolar para tódalas idades e para (case) tódalas materias en Allariz.
O noso equipo de profesionais, composto por 3 docentes, está especializado, entre outras cousas, no apoio escolar, dende primaria ata a universidade.
Cada docente está especializado en cada unha das diferentes materias, con 10 anos de experiencia, e cun índice de aprobados por riba do 95%.
Traballamos en grupos reducidos organizados por cursos, ou por niveis similares, garantindo así a atención personalizada que precisa cada nena ou neno.
Os horarios dispoñibles adáptanse as necesidades de cada familia, e dispomos de grupos dobrados que facilitan atopar o día e o momento da semana axeitados para cada estudante.