academiaexacto@hotmail.com 699 071 042
Rúa Oliveira 5, local 3, Galerías 32660 Allariz, Ourense

Academia Exacto

Academia Exacto, a túa academia para clases particulares, academia de inglés, academia de ciencias, academia de letras, francés, actividades extraescolares e campamentos en inglés en Allariz.

Academia Exacto somos un centro educativo situado en Allariz, traballando con nenas e nenos dende 2014, especializados na educación e apoio escolar, nas actividades extraescolares lúdicas e na ensinanza de linguas dende os 3 anos (somos centro oficial da universidade de Cambridge), incluíndo a preparación de títulos oficiais de idiomas con validez en oposicións.

Ofrecemos tamén tódolos nosos servizos a adultos.

En Academia Exacto, en primeiro lugar, tentamos que as nenas e nenos se atopen o máis a gusto posible, para que dende o desexo de asistir o noso centro, os obxectivos (tanto académicos coma lúdicos) cúmpranse de forman case imperceptible para as nenas e nenos, acadando así unha aprendizaxe verdadeiramente significativa.

Somos un equipo de profesores titulados e profesores nativos que lles proporcionan as nenas e nenos un segundo fogar, onde sentirse apoiados e en familia, o tempo que medran e maduran co obxectivo común ,entre as familias, a escola e nós, de acadar as metas que se propoñan. Un lugar onde teñan un crecemento feliz, desenvolvan as súas actitudes e aptitudes e desfruten. Un lugar onde estimular as súas habilidades tanto en apoio escolar coma en actividades extraescolares. Combinando o lúdico co educativo.

clase academia exacto

Academia Exacto, somos un centro educativo preparado para unha formación complementaria á educación pública. Dada a nosa experiencia e dedicación dispomos dunha ampla variedade de servizos educativos e formativos en clases Particulares:

  • Apoio escolar xeral en primaria. 
  • Aula de deberes. 
  • Apoio de ciencias (Matemáticas, Física e Química, Tecnoloxía, Bioloxía…) para Primaria, ESO, Bacharelato, ABAU, FP, educación para adultos, etc. 
  • Apoio de letras (Xeografía e Historia, Lingua Castelá e Literatura, Lingua Galega e Literatura, Filosofía…) para Primaria, ESO, Bacharelato, FP, educación para adultos, etc. 
  • Apoio de Idiomas Estranxeiros (Inglés, Francés e Portugués) para Primaria, ESO, Bacharelato, FP, educación para adultos, etc. 
  • Clases de Inglés para adultos (Conversación, Clases Online, Preparación Títulos oficiais, Inglés de Viaxe). 
  • Clases de Inglés para nenas e nenos dende os 3 anos, inglés lúdico para infantil e primaria. 
  • Preparación de Títulos Oficiais da Universidade de Cambridge (YLE, Young learners, A1,A2, KET, PET, B1, FCE FIRST B2, ADVANCED C1.
  • Campamentos en inglés e bilingües dende os 3 anos, non verán, no nadal e en semana santa. 
  • Actividades extraescolares dende os 3 anos. Cociña creativa, Ciencia e Laboratorio, Teatro, Xornalismo Infantil. 
  • Actividades para adultos. Idiomas, Informática, Novas Tecnoloxías… 

Se che compre unha academia en Allariz, vén a Academia Exacto, dispomos dos medios suficientes para ofrecervos solución a case calquera das vosas necesidades a nivel educativo e en conciliación familiar.

O noso propósito é realizar actividades dirixidas a nenas e nenos dende os 3 anos (e sen límite de idade, nunca é tarde para aprender), en tódolos ámbitos educativos: Ciencias (Matemáticas, Química, Física, Bioloxía…), Humanidades (linguas, literatura, historia, xeografía….), Idiomas (Galego, Inglés, Francés, Castelán…), Actividades Extraescolares lúdicas (cociña, ciencia e laboratorio, teatro e xornalismo infantil), e Campamentos en inglés (no verán, no nadal e en semana santa)

As nosas actividades están orientadas a fomentala creatividade e autonomía das pequenas e pequenos da casa, potenciando non só as competencias clave que marca o currículo académico, senón tamén desenvolvendo a súa intelixencia emocional, os valores, reforzando o traballo tanto individual coma en equipo e que melloren en concentración, memoria e comunicación.

Na nosa Academia dispomos dunhas instalacións completamente acondicionadas para lograr a máxima comodidade e rendemento. Dispomos de 4 aulas perfectamente acondicionadas con mobiliario adaptado as diferentes idades cas que traballamos.

Se queredes máis información non dubide en pórse en contacto con Academia Exacto en Allariz, estaremos encantados de atendervos.

Escanea el código