academiaexacto@hotmail.com 699 071 042
Rúa Oliveira 5, local 3, Galerías 32660 Allariz, Ourense

Idiomas

Centro de preparación de idiomas nivel B1,B2, C1 de inglés en Allariz

Academia Exacto somos o teu centro de estudos con Aulas para Idiomas en Allariz. 

Especializámonos nas clases de Inglés, dende os 3 anos ata clases para adultos, cunha profesora nativa con máis de 10 anos de experiencia. 

Temos dous tipos de grupos: 

1. Os grupos de aprendizaxe da lingua inglesa, onde cunha metodoloxía moderna, tentamos dende a conversa e o xogo, que as cativas e cativos fagan unha pequena inmersión lingüística cada semana, e que así, os poucos, poidan ir acadando o nivel suficiente como para deselvolverse en calquera campo. 

Ademais o ser CENTRO PREPARADOR OFICIAL DA UNIVERSIDADE DE CAMBRIDGE, ó tempo que se aprende pódense ir preparando títulos oficiais con validez en oposicións para ir mellorando o currículo de cara a inserción no mundo laboral.  

Os títulos máis demandados e con máis prestixio internacional son os que emite esta famosa universidade inglesa. Entre eles destacan: First (B2), Pet (B1) e Advanced (C1).

2. Os grupos de apoio escolar en inglés, onde axudamos as alumnas e alumnos con dificultades á hora de superar as probas avaliativas na escola, onde en grupos reducidos cos cativas e cativos do mesmo nivel, traballamos para que se acaden os obxectivos académicos. O noso obxectivo persoal para estes grupos e que pouco a pouco vaian acadando o nivel necesario para non precisar apoio e converterse en grupos de aprendizaxe da lingua. 

Neste caso tan só ofrecemos apoio escolar da ESO e bacharelato para aquelas rapazas e rapaces ós que lles compre un empurrón. 

Preparación dos exames CELGA para a obtención de títulos de nivel da nosa lingua.

Escanea el código